VII Marcha Val de Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro domingo 01 de xuño terá lugar a sétima edición da Marcha Val de Monterrei, organizada polo club BTT Verín, PCT Puertas de Galicia e Concello de Verín.

A sétima edición da proba ciclista de BTT, con saída no complexo deportivo de A Granxa, está conformada por dúas rutas (60 e 35 quilómetros), ademais dun paseo de entre 15 e 20 quilómetros. A retirada de dorsais terá lugar o propio día 01 de xuño, a partir das 8 horas, mentres que a saída está prevista ás 9.30 e a chegada dos últimos participantes sobre ás 13.45, seguida dun xantar conxunto.

A ruta corta e a larga son iguais ata o quilómetro 9, onde se separan (a persoa que non chegue a este punto antes de 35 minutos despois de que tome a saída, deberá ir de modo obrigatorio á ruta corta.). Os avituallamentos da ruta corta serán nos quilómetros 17 (sólido e líquido) e os da ruta larga nos 26 e 42 (sólido e líquido).

Para participar será necesario inscribirse ata o 28 de maio (24 horas) na páxina web http://www.bttverin.com/, no apartado de “inscricións” ou en Bicicletas Chinquena, Bicicletas Matías, Bicicletas Run Bike (os tres establecementos están en Verín) e Bicicletas Run Bike (Chaves). Non se estará inscrito/a ata realizar o ingreso correspondente segundo a modalidade escollida ou ben poñerse en contacto coa organización a través do correo club@bttverin.com. Os prezos para participar na VII Marcha Val de Monterrei: socios sen comida (gratis), socios con comida (12 euros), non socios sen comida (5 euros), non socios con comida (15 euros), acompañantes (12 €).

26 de maio de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.