publicidade hoxe

Vigo acolle unha nova edición da Feira do Libro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+
Inauguración da Feira do Libro de Vigo

Inauguración da Feira do Libro de Vigo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá na apertura da nova edición da Feira do Libro de Vigo, que de desenvolverá desde hoxe e ata o vindeiro 1 de xuño. Durante estes días, a feira ofrecerá un amplo escaparate coas últimas novidades editoriais, ao tempo que acollerá o desenvolvemento dunha completa programación de actividades culturais arredor do libro e da lectura para todos os públicos.

Desta maneira, a Consellería de Cultura e Educación ten como obxectivo seguir reforzando o papel das feiras do libro como “un encontro permanente coa cultura”, como “un espazo de vida cultural, a través dunha programación diversa e de calidade que, conxuntamente, libreiros e Xunta de Galicia estamos a promover no marco destes eventos”, asegurou o secretario xeral.

A feira tamén vai ser un punto de encontro cos autores e autoras actuais e coas súas obras máis recentes, a través dun extenso programa de charlas, sinaturas de libros, sesións de contacontos, música en directo, encontros con ilustradores etc.

A nova edición da feira tamén lle presta unha especial atención aos lectores máis novos, para os que se desenvolverán diversas propostas. Nesta dirección destacan actividades musicais como ‘Lemos, cantamos, gozamos’, promovida pola Editorial Galaxia coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura, que fará gozar o público familiar cos concertos que ofrecerán algúns dos grupos de máis éxito neste ámbito.

Itinerancia

O calendario de Feiras do Libro de Galicia 2014 comezou o seu percorrido polas catro provincias galegas o pasado mes de abril en Santiago de Compostela, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Cultura e Educación e a Federación de Librarías de Galicia. Logo do seu paso pola capital de Galicia e polas cidades de Pontevedra e de Lugo, Vigo celebrará a súa feira desde hoxe ata o 1 de xuño.

A continuación as feiras do libro chegarán a Ourense (3 a 8 de xuño), Ferrol (11 a 15 de xuño), Ribadeo (17 a 20 de xullo), Rianxo (24 a 27 de xullo), A Coruña (1 a 10 de agosto), Viveiro (14 a 17 de agosto), Foz (27 a 30 de agosto) e, finalmente, Monforte (27 ao 30 de agosto).

23 de maio de 2014 | 13:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.