Vigo acolle o III edición do Festival Primavera do Cine

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Do 4 e 8 de xuño celebrase a III edición do Festival Primavera do Cine en Vigo organizado polas agrupacións culturais Musiquina 33mg e O Reencanto, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas. As proxeccións terán lugar no salón de actos do Marco e no Auditorio Municipal do Concello.

No festival competirán tres categorías: longametraxe, curtametraxe e videoclip. Cada unha destas categorías será dotada cun premio do público. Asimesmo, farase entrega dunha mención honorífica adicada a homenaxear a traxectoria dun profesional ou entidade do audiovisual galego.

No documento que se achega pódese consultar os horarios de proxección previstos dentro do programa da terceira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo

27 de maio de 2014 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.