publicidade hoxe

Varios artistas locais de Arzúa exporán as súas obras na Capela da Madanela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa bota a andar unha nova iniciativa para o vindeiro mes de xuño deste ano, trátase da organización dunha Exposición Colectiva de artistas locais que se levará a cabo na Capela da Madanela.

O Concello quere facer partícipes deste proxecto aos veciños e veciñas do municipio que se adiquen a algunha disciplina artística de xeito afeccionado ou profesional como a pintura ao óleo, debuxo, deseño gráfico, fotografía ou artesanía. Dende o Departamento de Cultura convídase a participar nesta Exposición Colectiva cun mínimo dunha obra e un máximo de seis a calquera persoa que o desexe.

As datas elixidas son do 6 ao 15 de xuño (ambos incluídos) e a inauguración celebrarase o venres día 6 ás 20:30 horas coa música en directo da arzuá Aldara.

Ademais, como artista convidado nesta edición, contarase coa presenza de Óscar Aldonza que achegará a Arzúa a súa nova mostra de esculturas grazas á coordinación de Cristina Carballedo, do proxecto ‘Sumarte’. El é licenciado en Belas Artes e mestre da escola Mestre Mateo, participou recentemente na 7ª edición do Salón de Otoño de Sarria e está seleccionado para a próxima edición do Salón de Otoño de París.

Para isto, cómpre reservar espazo no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa o antes posible achegándose persoalmente, por correo electrónico ao enderezo cultura@concellodearzua.com ou chamando ao teléfono 981 500 222 no que tamén se pode recibir máis información e aclarar calquera dúbida que poida xurdir.

6 de maio de 2014 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.