Varias zonas de estacionamento permanecerán inhabilitadas durante o “X Trofeo Concello de Cangas de Ciclismo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este sábado celébrase en Cangas o X Trofeo Concello de Cangas de Ciclismo, organizado polo Club Ciclista Cangas coa colaboración da Fundación Cangas Deporte.

Coa finalidade de garantir a seguridade desta proba, na que participaran preto de 160 ciclistas, varias zonas de estacionamento da vila quedarán inhabilitadas. Concretamente, entre as 10.00 e as 12.00 horas, tempo estimado para a duración do evento, non estará permitido estacionar na rúa Eugenio Sequieros a partir da oficina de Novagalicia Banco, nin no aparcamento situado nas inmediacións da Alameda Vella. O tráfico so será cortado soamente co durante o paso dos ciclistas.

A proba comezará ás 10.00 horas nas inmediacións da Praza de Abastos. O percorrido continuarán en dirección Aldán, pasando por Beluso, tomando a meta volante en Bueu continuando cara o Alto da Portela como e continuando cara Cangas tomando o desvío cara San Blas, a Boubeta e Espírito Santo cara a Rodeira volvendo dende alí ao punto de saída.

Os ciclistas das categorías máster 60 deberán completar unha volta ao recorrido, dúas os participantes na categoría máster 50 sendo tres voltas para as categorías sénior, máster 30 e máster 40 facendo un total de 80 quilómetros de percorrido. A proba está previsto que finalice ás 12.30 horas coa entrega de premios.

15 de maio de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.