Valencia superou a Galicia na final do IV Nacións de Balonmán Feminino
Valencia logrou o título no IV Nacións de balonmán feminino, que se celebrou esta fin de semana en Basauri, tras superar na final a Galicia (33-27). O partido comezou bastante igualado, con vantaxes máximas de dous goles para unha ou outra selección. Pero no minuto 25, Valencia fixo unha defensa mixta sobre Estela Doiro que lle restou fluidez ao equipo galego en ataque. Ademais, Iris, que estaba en portería e facendo un gran traballo, lesionouse e o seleccionador veuse obrigado a facer un cambio en meta. Na segunda parte, as cousas comezaron igual, con moita igualdade, pero no último cuarto do choque a selección valenciana logrou escaparse de tres tantos no marcador e Galicia arriscou con ataques curtos intentando achegarse. A falta de cinco minutos, o combinado galego logrou poñerse a dous tantos, pero a necesidade levoulle a cometer erros e o resultado final foi moito máis avultado do que se viu durante o choque.
Valencia, 33: Amparo Aguas, Patricia Cañavera, Noelia López (4), Gema Gómez (1), Mireia Payá (1), Estefanía Descalzo, Sheila Segura (9), Esther Martínez (7), Celia López (4), África Sempere (7), Noelia Antón, Asunción Sánchez, Rebeca Castell, Sara Bravo, Anna Vicente e Victoria Del Baño.
Galicia, 27: Iris Sanjuan Solla, Sandra Costas Fontán (1), Lorena Pérez Alonso (1), Paula Fernández Molinos (6), Isabel Bastero Artos (3), Estela Doiro Rodríguez (4), Erika Franco Carrera (3), Sarai Sanmartín Lago (1), Cecilia Cacheda González (2), Carolina Estévez Gilsanz (1), Arima López Fontán , Andrea Dapena Iglesias (3), Irene Sánchez Rodríguez e Carla Rivas Garrido (2).
Árbitros: Juan José Gude e Sergio Elorqui, da Federación de Euskadi. Excluíron a Estefanía Descalzo, Esther Martínez e África Sempere (2) pola Comunidade Valencia e a a Sandra Costas (2), Lorena Pérez e Erika Franco por Galicia.
Parciais: 1-2, 6-6, 8-9, 10-11, 12-14, 15-15 (descanso), 17-16, 20-20, 24-22, 26-24, 29-26, 33-27 (final).
Incidencias: Final do IV Nacións de balonmán feminino, celebrada no pavillón “Artunduaga” de Basauri, ante uns 400 espectadores. Con anterioridade, Euskadi logrou a terceira posición no torneo, aos superar a Cataluña (29-21).











