Val do Dubra organiza unha viaxe con circuíto termal a Ferreira de Pantón
O Concello de Val do Dubra organiza unha viaxe o próximo 9 de maio a Ferreira de Pantón, na provincia de Lugo, destinado a todas as persoas maiores de idade empadroadas no municipio. A excursión inclúe un circuíto termal no Balneario de Augas Santas, comida bufete e unha visita á adega Regina Viarum. O Concello de Val do Dubra ofrece 52 prazas a un prezo de 30 euros cada unha. Todas as persoas interesadas deberán anotarse na sede do Concello de Val do Dubra antes do próximo 6 de maio.