Útimos días para inscribirse na XI Andaina Cidade de Ourense
O Concello de Ourense quere lembrar a tódalas persoas interesadas que ata este venres, día 9, está aberto o prazo de inscrición na XI Andaina Cidade de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro domingo, día 11 de maio.
Con saída ás 9:00 horas dende o Pavillón de Deportes dos Remedios, propón unha ruta de preto de 30 quilómetros de distancia, percorrendo o sendeiro periurbano da cidade, pasando por Santomé, encoro de Castadón, Santa Mariña, O Cumial, Seixalvo ou o Pazo dos Deportes Paco Paz para rematar de novo no Pavillón dos Remedios
A organización ubicará 4 puntos de avituallamento ao longo do percorrido, cada 6-7 km. nos que se ofrecerá aos participantes produtos líquidos e/ou sólidos.
As persoas interesadas (maiores de 16 anos), poden realizar a inscrición ata o venres, día 9 de maio a través da páxina web www.deportesourense.com, ou presencialmente nas oficinas do Pavillón dos Remedios, teléfono 988 370539 O custe é 7 euros.
A proba está organizada polo Consello Municipal de Deportes e a Concellería de Deportes do Concello de Ourense, co patrocinio de “laCaixa”, Gadis, Pérez Rumbao, Turini, aquaBona e Coca Cola, e a colaboración de Termas de Outariz, Bodegas Cunqueiro e Estrella Galicia.











