Uns cen postos ambulantes e atraccións acudirán ás festas de Santa Rita de Vilagarcía
Máis de cen postos ambulantes e atraccións de feira instalaranse en Vilagarcía durante as festas de Santa Rita. Como de costume a actividade dos buhoneiros estableceras en torno a dous espazos, na zona da explanada Tir e o Parque Miguel Hernández, onde irán as atraccións de feira e os postos de alimentación, complementos, libros e demais; e a contorna de Vista Alegre, onde se instalarán principalmente os postos típicos de romaría, con carpas de pulpeiras, rosquilleiras, churrerías e postos de velas exvotos.
Na explanada TIR estaba previsto instalar hoxe pola tarde as dúas últimas atraccións das 25 que reservaron espazo e pagaron a corresponde taxa de ocupación. E no Miguel Hernández tamén están colocados xa a práctica totalidade dos 56 postos de venta que solicitaron permiso e entre os que hai postos de roupa, complementos, bixutería, libros, alimentación e tómbolas.
Os últimos en instalar os seus postos serán os vendedores que acoden á contorna de Vista Alegre, que se centran nos días máis próximos á festividade de Santa Rita. Alí xa confirmaron asistencia e abonaron as correspondentes taxas 2 carpas de pulpeiras, 3 churrerías 12 postos de velas exvotos, 10 de rosquillas e 1 de pan tradicional. Non obstante, moitos outros manifestaron que esperaran a ver a evolución das condicións meteorolóxicas para decidir si se suman a estes 29 xa seguros.











