Uns 80 videopoemas participaron no programa Coruña a Escena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Educación, Deportes e Mocidade que dirixe Francisco Mourelo informa de que mañá, mércores 21 de maio, ás 12.00 horas, terá lugar na Ágora a gala final e a entrega de premios aos gañadores do I Concurso escolar de videopoemas Palabrasenpapel organizado polo Concello, Polisemias e o Centro de Formación e Recursos.

Este concurso enmárcase dentro do programa municipal Coruña a Escena de fomento á creación literaria entre o alumnado de Secundaria dos centros educativos da cidade. En concreto, propúñase que os alumnos utilizasen novas tecnoloxías como teléfonos móbiles ou computadores portátiles como ferramentas ao servizo da palabra, creando un videopoema orixinal. Neste primeiro concurso participaron 175 alumnos de Secundaria, principalmente de 3º e 4º de ESO, así como de Bacharelato, de 8 institutos e colexios concertados. Presentáronse 80 videopoemas e os 12 seleccionados proxectaranse ante a comunidade educativa na gala final de mañá, día no que tamén se coñecerán os gañadores. Os tres integrantes dos tres primeiros recibirán unha tablet cada un; os participantes que queden en 4º e 5º posto, lectores de libros electrónicos; e o resto de estudantes, unha mención honorífica. Ademais, a todos os finalistas entregaráselles un lote de libros da editorial SM.

Os 12 videopoemas finalistas foron:

– Sedución felina, da alumna Sabela Rodríguez; do CPR Calasancias da Coruña.

– Pigmalión, de Olga Aller, Katia Valiño, Uxía Lata e Nataxa Fernández; do CPR Escravas do Sacro Corazón de Jesús da Coruña.

– La flor de toxo, de Silvia Padín, Maite Salgado, Uxía García e Alejandro Carro; do IES Salvador de Madariaga da Coruña.

– Xuizo de París, de Agostiña Amor Mercado, Carla Dávila Seoane, Ernesto Morás Ulloa e Carmen Rodríguez Gómez; do IES Rafael Dieste da Coruña.

– Pigmalión, de Sara Romeu e Andrea Morano; do IES Rafael Dieste da Coruña.

– Cecais, de Lea Pérez, do IES David Buján de Cambre.

– Mundos de papel, de Celia Acción, Carolina Galán e María Geremías; do IES Branco Amor de Culleredo.

Deitado frente ao mar, de Nerea Fernández da Cruz; do IES David Buján de Cambre.

– Ondas do mar de Vigo, de Carlota Fiaño Salinas, Ana Naya Aguiar, Héctor Franco Ferreiro, Carla Castro López, Manuel Manovel Santacruz, Jorge González Garrido, Daniel López Conde, Andrea Maior González e Adrián Paz Seijo, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

– Llevo tu corazón, de Neves Eiriz e Sofía Sabio, do IES Branco Amor de Culleredo.

– Coas pálpebras baixas, de Carlota Fiaño Salinas, Ana Naya Aguiar, Héctor Franco Ferreiro, Carla Castro López, Manuel Manovel Santacruz, Jorge González Garrido, Daniel López Conde, Andrea Maior González e Adrián Paz Seijo, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

– A ave, de Álvaro Pazos, do IES David Buján de Cambre.

Ademais do concurso de videopoemas, durante o último trimestre os escolares coruñeses participaron en diferentes actividades dentro do programa Coruña a Escena. Así, este xoves, día 22 de maio, tamén se celebrará a gala final do XXV Certame de Teatro Escolar no Teatro Rosalía Castro. O certame desenvolveuse en dúas fases, entre marzo e maio. A primeira consistiu nun circuíto polos centros educativos e a segunda nesta gala final. Nesta edición participaron 553 actrices e actores entre os novos alumnos dos centros educativos do Concello, desde Infantil ata Secundaria, organizados en 39 grupos de teatro en 24 centros educativos da cidade. As obras poderán ser en galego, castelán ou inglés.

Ademais, Coruña a Escena tamén incluíu o I Festival de Curtas de Primaria Ópera Prima; dúas representacións no Teatro Colón para alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria; e o I Concurso escolar de Deseño de personaxes; concurso de creatividade e innovación que consiste en deseñar dous personaxes animados chamados Noa e Halo a partir dun guión. Poderán participar todo o alumnado matriculado en centros educativos de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional do Concello.

Os alumnos cuxos deseños resulten seleccionados como finalistas participarán nun taller de creación de personaxes a cargo do deseñador Carlos Grangel, deseñador de personaxes de películas como Hotel Transilvania, Madagascar, La Noivia Cadáver ou Como entrenar a tu dragón para compañías como DreamWorks, Warner Bros, Sony ou Universal Picture. O taller celebrarase os días 3, 4 e 5 de xullo como parte das actividades do Festival Internacional de Animación Mundos Dixitais. Aceptaranse deseños de personaxes que se realizaron utilizando calquera técnica artística e materiais e en calquera formato ou soporte. O prazo de presentación de deseños de personaxes finaliza o 23 de maio e os finalistas daranse a coñecer o 13 de xuño.

20 de maio de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.