Uns 600 nenos asistiron aos concertos didácticos no centro cultural da Guarda
Case 600 nenos dos distintos colexios da Guarda e Oia asistiron aos concertos didácticos que se celebraron no centro cultural da Guarda os días 8 e 15 de maio.
Actuaron os rapaces que estudan no conservatorio facendo un programa foi atractivo para todos os asistentes.
O pasado xoves, 15 de maio, e ante un auditorio abarrotado, a mini orquesta do Conservatorio de Música da Guarda, composta pola familia de instrumentos de vento madeira e percursión, interpretou música de Piratas do Caribe e un mix do circo.
Os instrumentos de corda tamén estiveron presentes durante o acto. Obras tan coñecidas como O Son do Ar, Nana de Crepúsculo ou Smell Like Teen Spirit, de Nirvana, interpretadas por violín e viola.
Un estilo máis clásico da man dos pianistas, que tocaron bulerías ou preludio en do maior do clave ben temperado, entre outras cousas. Tamén as nosas raíces musicais da man das gaitas, cun entrelazado de Allariz e O Martelo.
E para rematar, os rapaces puideron ver o lado máis rebelde da música, con guitarras eléctricas e clásicas, interpretando famosas cancións como Highway to hell de ACDC, Let her go de Passenger e riders on The Storm de The Doors.
Os concertos causaron unha gran acollida e a colaboración dos nenos e nenas nos exercicios musicais, e mesmo dous alumnos e un profesor tiveron a sorte de converterse en “director” por un día.











