Uns 200 xóvenes competirán no I Torneo Fútbol Base Concello da Baña
Uns 200 xóvenes de entre seis e 11 anos participarán o próximo sábado, 17 de maio, no I Torneo Fútbol Base Concello da Baña. Está previsto que participen no campeonato de Fútbol-8 os equipos Trazo C. F., S.D. Dubra, Os miudos de Muros, S.D. Negreira, S.D. A Baña e Xallas de Santa Comba. O torneo, organizado pola Concellería de Xuventude e Deportes do Concello da Baña, comenzará ás 9.00 horas no Campo Municipal de Cartas. Ramatará xa entrada a tarde. As finais están previstas para as 19.30 horas e 20.00 horas.
O concelleiro de Xuventude e Deportes da Baña, Manuel Tourís, confía en que esta cita deportiva para os máis novos “poida consolidarse no futuro”, ainda que esta é a súa primeira edición. Según os seus cálculos, “máis de 200 xóvenes competirán” durante todo o día no Campo Municipal de Fútbol de Cartas. Competirán seis equipos da zona de Xallas, Barcala e Dubra en dúas categorías: benxamín e alevín. “Queremos que sexa unha festa do fútbol base”, apunta o concelleiro.
Cada equipo poderá contar cun máximo de 16 xogadores. A competición, que se rexerá polo regulamento de fútbol 8 da Federación Española de Fútbol, organizarase nun grupo de seis equipos tanto en categoría benxamín como alevín. Xogarase unha liga entre todos os equipos e clasificaranse para semifinais os catro primeiros. A duración dos partidos será de 20 minutos. Haberá trofeos para o primeiro e segundo clasificado, para o máximo goleador e para o porteiro menos goleado.