Unha performance de Maldita Danza celebra o Día internacional dos Museos en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Pazo da Cultura e a Concellaría de Patrimonio Histórico conmemoran o Día Internacional dos Museos (DIM) cunhas sesións de performance o próximo domingo 18 de maio.

A compañía Maldita Danza, integrada por ex compoñentes do Centro Coreográfico Galega, interpretarán unha actuación performance en dúas sesións, de 20 minutos cada unha, que terán lugar ás 12h e 13h.

Pola tarde, dentro da programación especial do Centro de Integración das Torres Arzobispais (CITA) promovida pola Concellaría de Patrimonio Histórico, farán dúas actuacións de danza baixo o título “Pasen e vexan”, da que poderán gozar todos aqueles que se inscribiran na xornada de portas abertas, de balde, no teléfono 986090677. Haberá duas sesións, ás 19h e 20h.

Cabe recordar que continúa a exposición “Corpo, miran o que no poden ver”, do colectivo Tres en Suma, nos que amosan as distintas visións do corpo humán, na sala de exposicións do Pazo da Cultura.

Para todos aqueles que aínda non puideron achegarse poden facelo até o 8 de xuño, de martes a venres de 17 a 21h, e os sábados de 11 a 14h, e de 17 a 21h. Domingos e festivos de 11 a 14h.

16 de maio de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.