Unha guía didáctica de Montealegre contribuirá a difundir un maior coñecemento do entorno ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

“Queremos que os nenos e nenas se acheguen a Montealegre, coñezan a paisaxe mediterránea, os espazos tradicionais e que respecten o medio ambiente”. Así valorou a concelleira de Educación, Ana Garrido, a presentación desta mañá dunha nova guía didáctica para nenos e nenas de entre 9 a 12 anos, que visitarán próximamente o parque. A día de hoxe, un total de 577 nenos e nenas de diversos centros educativos da cidade xa están inscritos.

A concelleira de Medio Ambiente, Susana Bayo, subliñou que “este é o camiño a seguir para pór en valor Montealegre. Hai que dalo a coñecer, xa que é un referente para a cidade, e unha prioridade para este goberno municipal. Seguiremos nesta liña, aumentando as especies no parque e as actividades expositivas”.

Francisco Fernández, autor da guía didáctica, salientou o principal obxectivo do traballo. “Queremos espertar a curiosidade dos nenos e das nenas. Que teñan unha visión xeral de Montealegre, coñezan un entorno ambiental único, que o respecten e coñezan”. O máis importante é “que sirva de complemento aos coñecementos técnicos das materias da clase. O potencial educativo -de ciencia, historia ou economía-, é moi alto”. Así mesmo, os nenos e as nenas poden obter unha visión distinta da cidade desde o mirador, cunha perspectiva diferente á habitual.

“Pequenos xardiñeiros”

Pola súa banda, a especialista en Medio Ambiente Aricia Rodríguez impartirá a actividade “Pequenos xardiñeiros”, dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil, de 3, 4 e 5 anos. Cunha parte teórica e outra práctica, aprenderán a apreciar a natureza cos cinco sentidos, plantarán sementes e elaborarán o seu pequeño xardín.

20 de maio de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.