Unha familia galega con 6 fillos gaña un ano de compra gratis nun coñecido supermercado
A Federación Española de Familias Numerosas (FEFN) e LIDL Supermercados fixeron entrega do cheque-regalo de 2.500 euros á familia gañadora do sorteo realizado entre todos os socios da FEFN. Os agraciados foron a familia formada por Alberto Vara e Cristina Ruiz e o seu seis fillos, con idades comprendidas entre 1 e 12 anos, que acudiron ao centro LIDL de Oleiros (A Coruña), cidade na que residen, para recoller o seu cheque. O sorteo permitirá a esta familia socia de AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas) encher o carro da compra de maneira gratuíta por valor de 2.500 euros.
Esta acción forma parte do acordo que LIDL e a FEFN asinaron a finais de 2013, polo que a cadea de supermercados comprometeuse a axudar ás familias numerosas con máis de 10.000 euros anuais. Así, este é o segundo dos grandes sorteos que se contemplaban no acordo, e fíxose coincidir coa celebración do XX Aniversario do Ano Internacional da Familia, mañá xoves 15 de maio, como mostra do apoio que LIDL ten cara á familia e, en especial, cara ás numerosas, polas que fixo unha importante aposta consciente das súas especiais necesidades. O primeiro gran sorteo realizouse en novembro do ano pasado, e a sorte recaeu na familia Pérez-Lepoutre, de 3 fillos e socios da Asociación de Familias Numerosas de Cataluña (Fanoc).
O acordo entre LIDL e a FEFN inclúe tamén sorteos semanais de dous vales de compra valorados en 50 euros entre todas as familias numerosas asociadas a algunha das asociacións integradas na FEFN. Desde o mes de novembro un total de 56 familias foron agraciadas nestes sorteos, obtendo cada unha delas 50 euros nun cheque para unha compra gratuíta.
LIDL, de orixe alemá, é a cadea de supermercados de desconto coa rede de tendas de autoservicio máis grande de Europa, con preto de 10.000 establecementos distribuídos por 26 países europeos. LIDL Supermercados entrou no mercado español en 1994 coa apertura da primeira tenda en Lleida (Cataluña). No noso país posúe actualmente unha estrutura de máis de 525 tendas e un equipo humano integrado por máis de 9.500 profesionais. Cada semana, 3 millóns de clientes depositan a súa confianza en LIDL.
A Federación Española de Familias Numerosas é unha entidade sen ánimo de lucro, independente, que traballa na defensa dos dereitos destas familias, que ascenden a 42.000. Declarada de Utilidade Pública desde o ano 2003, presta servizo en toda España a través dunha extensa rede de Asociacións de ámbito autonómico e local en todas as Comunidades Autónomas (www.familiasnumerosas.org).











