Un veciño de Ribadavia é imputado por maltrato animal tras capar un can que acosaba á súa cadela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadaviaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Gardia Civil de Ribadavia imputou un veciño deste municipio ourensano por maltrato animal tras cortar o pene a un can porque acosaba a unha cadela súa en celo.

Segundo informou o Instituto Armado, o martes foi imputado E.D.R., de 52 anos de idade e veciño de Ribadavia, por un delito de maltrato de animal.

Outro veciño da localidade ourensana denunciou que o 4 de maio que o agora imputado cortou cunha navalla o pene dun can sen raza definida, propiedade do denunciante, porque o devandito animal acosaba unha cadela de raza podenco en celo, propiedade do imputado.

O can agredido, segundo concretaron as mesmas fontes, está nunha clínica veterinaria da Cañiza (Pontevedra). As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Ribadavia.

7 de maio de 2014 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.