publicidade hoxe

Un veciño de Oia foi imputado por un delito contra a seguridade viaria ao circular a 165 km/h nun tramo limitado a 70 km/h

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOiaSucesosTomiño
A-
A+
Tramo no que se atopaba o radar

Tramo no que se atopaba o radar

A Garda Civil imputou a H.P.G., de 25 anos de idade e veciño de Oia, como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria, exceso de velocidade.

No día de onte, día 11, no P.K. 7,500 da estrada PO-344, termo municipal de Tomiño, cando compoñentes do Destacamento da Garda Civil de Tráfico do Porriño efectuaban un control estático de velocidade con radar no referido punto quilométrico, tramo de vía limitado a 70 km/h, mediante os correspondentes sinais por ser unha zona con moitas vivendas anexas e camiños con acceso directo a devandita calzada, foi detectada a circulación dunha motocicleta marca SUZUKI, á velocidade de 165 km/h.

O condutor da mesma, ante a presenza dos axentes notificadores, tratou de desviarse antes de chegar ao lugar en que estes estaban, non conseguíndoo.

Por todo iso procédese á súa imputación e instrución das correspondentes dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución número TRES de Tui, onde se celebrará un xuízo rápido mañá día 13.

12 de maio de 2014 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.