publicidade hoxe

Un veciño de Melón é imputado como presunto autor dun incendio forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelónSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica en Ourense veñen de informar da imputación dun home, veciño do municipio ourensán de Melón, como presunto autor dun incendio forestal nese concello.

O lume tivo lugar o pasado luns, 5 de maio, debido a unha neglixencia na realización de traballos forestais. As lapas arrasaron una superficie de 300 metros cadrados de monte arborado e non se propagaron máis grazas á rápida actuación do persoal de extinción de incendios da Xunta.

Por estes feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. Na actual campaña anti-incendios do 2014, xa son 33 as persoas imputadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados cos incendios forestais.

8 de maio de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.