publicidade hoxe

Un total de 183 persoas participaron na andaina entre San Finx e San Ramón de Bealo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLousame
A-
A+
Participantes na andaina

Participantes na andaina

Un total de 183 persoas participaron o pasado sábado 3 de maio na ruta de sendeirismo entre as Minas de San Finx e San Ramón de Bealo, organizada conxuntamente polos Concellos de Lousame e Boiro. Unhas cifras de participación que son todo un éxito, xa que supoñen un incremento de máis do 46% con respecto á primeira iniciativa celebrada en 2013, con idéntico camiño pero en sentido contrario e no que participaran 125 veciños.

Os sendeiristas pasaron pasadas as 9.30 horas das minas de San Finx para percorrer uns 12 quilómetros en algo máis de catro horas de camiñada. Un camiño no que os camiñantes disfrutaron sobre todo da riqueza paisaxística de Lousame e de Boiro, dende panorámicas espectaculares da ría ata unha variada selección de bosques. No remate da ruta, os sendeiristas visitaron os petróglifos da Laxe do Agoeiro e a ermida de San Ramón de Bealo.

5 de maio de 2014 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.