publicidade hoxe

Un operario resulta ferido tras golpearse cun ferro nunha canteira en Carballeda de Valdeorras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de ValdeorrasSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operario resultou ferido este luns tras golpearse cun ferro na cabeza mentres realizaba o seu traballo nunha canteira en Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Os feitos tiveron lugar nunha canteira no lugar de Sobradelo, no municipio de Carballeda de Valdeorras sobre as 8,10 horas, segundo informou o 112.

Foron mobilizados a Garda Civil e o GES de Valderroas, así como o 061, que desprazou ao lugar un médico de Atención Primaria e unha ambulancia asistencial.

O ferido, G.H.D., de 48 anos de idade, foi levado ao Hospital de Valdeorras na ambulancia xunto ao médico, segundo confirmaron  fontes sanitarias.

12 de maio de 2014 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.