Un Mercado para festexar a primavera e as Letras Galegas en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A Praza de Abastos de Monforte será escenario esta fin de semana, días 17 e 18 de maio, dun Mercado especial no que as flores e a cultura tradicional serán os protagonistas.

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, Mercados de Monforte súmase á actividade cultural organizada polo Concello para conmemorar esta sinalada data.

No mercado “Letras e Flores” haberá postos de venda, pero tamén actividades orientadas a tódolos públicos e cun marcado carácter de posta en valor da nosa cultura tradicional. Deste xeito, unha actividade fundamentalmente económica como son os Mercados, únense á celebración do Día das Letras Galegas e achegan a súa contribución á programación deseñada polo Concello.

O sábado día 17 o espazo do Mercado acollerá diversas actividades:

– Ás once da mañá actuarán Os Parentes e Antón Valcarce, combinando composicións musicais e lendas tradicionais da nosa comarca.

– Ás cinco da tarde será tempo para “Micrófono Aberto”, unha actividade coordinada por Mercedes cabo de Vila na que haberá conta contos e lendas para os máis cativos. Como o seu nome indica, a actividade está aberta á participación do público, ás persoas que desexen achegarse ó micrófono para contar algunha lenda ou conto.

– Ás seis e media da tarde presentarase a nova edición do libro “Monforte. Os seus monumentos, lendas e tradicións”. Este libro de Ricardo R. Vilariño de Barbeito, reeditado por Agrasar Editores, será presentado por Margarita Rodríguez Otero e José Luis Martínez Montero. Trátase dunha publicación de finais do século XIX da que, ata agora, existían moi poucos exemplares.

O Mercado “Letras e Flores” contará coa participación de cinco comerciantes que ocuparán postos dobres, pondo á venda libros e flores e plantas: Amencer Florería, Terras de María Castaña, Pensos Senra, Librería Papelotes e Librería Agrasar.

O Mercado permanecerá aberto o sábado día 17 dende as 10:00 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que o domingo día 18 estará aberto soamente pola mañá, de 10:00 a 14:00 h.

14 de maio de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.