Un Mercado Creativo promoverá o talento e creatividade da mocidade de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de LemosXuventude
A-
A+

A Praza de Abastos de Monforte acollerá esta fin de semana, días 10 e 11 de maio, un Mercado no que 14 mozos e mozas monfortinos darán a coñecer o seu talento creativo.

Poderemos admirar traballos de calidade e innovadores en diversos campos: pintura, fotografía, moda, complementos, escultura ou deseño gráfico.

Este Mercado será tamén un lugar de encontro e intercambio, tanto para os participantes como para as persoas que o visiten e, sobre todo, un acto de apoio ó talento creativo monfortino.

O listado dos participantes no Mercado Creativo é o seguinte:

-Michelín Rodríguez: pintura e deseño gráfico.

-Eros Marinho: deseño gráfico, fotografía, produción musical.

-Little Chacueca: complementos para moda feitos a man.

-OMRA digital art: creación dixital e fotografía.

-Atiza films: video e fotografía.

-Humberto Loureiro (Humber Jumber): pintura e deseño gráfico.

-Gelín: pintura.

-Almudena e Celia Rodríguez: pulseiras, aneis e complementos.

-El Mundo de Betiyó: complementos feitos a man, diademas, pulseiras.

-Escola de Música Moderna de Monforte: variedade de instrumentos en exposición e venda. Ademais, o director da academia, Gonzalo Herrero, informará e impulsará ós novos talentos creativos.

-Chocolat´s: bolsos e complementos feitos a man.

-Luabelh: vidro e cerámica pintados.

-Rubén López, decoracións Delux: escultura en falsa pedra, pergameos, velas e xabóns.

-V A U D: pintura.

O Mercado Creativo permanecerá aberto o sábado día 10 dende as 10:00 ata as 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h., mentres que o domingo día 11 estará aberto soamente pola mañá, de 10:00 a 14:00 h.

7 de maio de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.