Un grupo de viguesas visitan Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Viguesas na visita a Cangas

Viguesas na visita a Cangas

Esta tarde un grupo de 16 veciñas de Vigo, pertencentes á Asociación de Veciños de San Andrés de Comesaña Náutilos, cruzaron a ría para visitar Cangas. Estas mulleres están a realizar un curso de Historia e Arte Mariñeira, promovido pola Concellería de Igualdade do concello de Vigo, e elixiron Cangas como destino a vila de Cangas como claro exemplo.

A visita, guiada por persoal da concellería de Turismo do Concello de Cangas, comezou na estación de autobuses onde as visitantes escoitaron un breve resumo das principais características do municipio cangués antes de dirixirse á Capela do Hospital, a Praza de Abastos e o Caso Vello, onde puideron visitar a Ex- Colexiata co cristo que non quixo arder, as casas patín e a Alameda Vella.

6 de maio de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.