Un grupo de veciñas de Frades participan nun curso de pintura en vidro
Un total de catorce veciñas de Frades comezaron un curso de pintura en vidro de tres meses de duración organizado polo Concello de Frades. Un curso eminentemente práctico no que as alumnas están dende o primeiro día facendo probas e traballos con todo tipo de materiais e aprendendo distintas técnicas no multiusos de Frades todos os mércores, de 21:00 a 23:00 horas.
Estas catorce alumnas van aprender técnicas de pintura en vidro, dende as máis sinxelas con plantilla e contorno releve ata outras máis complicadas como o esmerilado, o puntillismo, o craquelado en vidro, a técnica de vidreiras ou a de decupage en vidro.Ademais, practicarán todo tipo de aplicacións de cores (translúcidas, anacaradas e opacas), de cintas de chumbo adhesivo, de cores con esponxa…