Un grupo de estudantes de Alemaña visitaron o Consistorio lucense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos estudantes alemáns

Visita dos estudantes alemáns

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a visita dun grupo de 28 mozos e mozas da cidade de Leipzig, en Alemaña, de intecambio no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes e que estiveron semana de intercambio coas familias dos alumnos lucenses.

López Orozco deulles a benvida en alemán e falou da importancia que estes intercambios de alumnos, a nivel europeo, teñen para o desenvolvemento social “xa que son unha boa forma de coñecernos e respetarnos convivindo con todos os idiomas e culturas e aprendendo delas e creando unha Europa unida”.

Ademais tamén os convidou para que o próximo intercambio con Lugo sexa nos mes de xuño coincidindo co Arde Lucus para que “os alemáns coñezan a recreación que facemos do noso pasado histórico e que se divirtan nesta festa”.

5 de maio de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.