Últimos días para participar nos concursos de ideas innovadoras para o Smart Weekend
O equipo de Coruña Smart City que colabora con Movemento Xove e a axencia Social.ice na organización do Smart Weekend, empresas do Clúster TIC de Galicia e empresas do sector TIC rexionais, entre elas Altia, Bahía Software, Hewlett Packard, Indra, Ilux, IpGlobal, Lupeon 3D, R, Sopra, Telecon, Tesla Technologies, Trabe, e Weko, convida os cidadáns a participar nos concursos que levarán a cabo durante o fin de semana tecnolóxico.
O Smart Weekend é o novo evento tecnolóxico da Coruña que terá lugar o próximo fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño no Coliseum e, aínda que o evento está principalmente dirixido a mozos con perfil informático, desarrolladores e deseñadores web, o equipo de Coruña Smart City anima aos cidadáns de calquera perfil profesional a que participen tamén no evento a través do concurso de Smart-Ideas.
Smart-Ideas, é un concurso aberto a todo tipo de perfís xa que o obxectivo é presentar ideas ou proxectos innovadores que fagan da Coruña unha cidade máis eficiente e intelixente. As ideas serán presentadas o sábado 7 de xuño ás 12.00 horas, no Coliseum, ante un xurado formado polo equipo de Coruña Smart City e as empresas colaboradoras, quen premiarán as 3 mellores ideas presentadas e ademais, si hai algunha idea que encaixe cos obxectivos do proxecto, valorarase a posibilidade de levala a cabo formando parte do proxecto piloto “Interacción co Cidadán” que está pendente de sacarse a concurso.
As ideas e proxectos poderanse presentar, de maneira individual ou en equipo (máximo 3 persoas) en formato de “elevador pitch” que quere dicir que os participantes deberán explicar a súa idea ou proxecto en só 5 minutos. Ademais poderán contar con apoio visual como un power point cun máximo de 4 diapositivas; os formatos permitidos son ppt ou pdf.
Participar en Smart-Ideas é moi fácil, só hai que rexistrarse na sección de Smart-Ideas dentro da web do evento www.smartweekend.es. O rexistro estará aberto até o día 4 de xuño ás 23.59 horas e os días 5 e 6 de xuño comunicaráselles á participantes vía correo electrónico a hora exacta da súa presentación.
Doutra banda está o concurso chamado smart-Dev, unha competición de desenvolvemento que pretende achegar ao freelance da informática á entidade pública e empresa privada. As empresas colaboradoras exporán retos de desenvolvemento aos participantes do evento, e os interesados en concursar, teñen o fin de semana para traballar na solución máis adecuada. As solucións propostas serán entregadas o domingo.
Os retos serán presentados polas propias empresas o venres 6 de xuño a partir das 17.30 horas, a partir de aí os concursantes poderán traballar na solución dos retos con asesoramento das empresas durante o fin de semana, até o domingo 8 ás 13.00 horas. Haberá diferentes tipos de retos, entre eles retos de programación, algoritmos, deseño web, app móbil, plug inns, e-commerce, etc.
Para participar no smart-Dev hai que rexistrarse esta semana na web do evento www.smartweekend.es, antes do 30 de xuño ás 23.59 horas.
Tanto os proxectos do smart-Ideas como as solucións do smart-Dev, serán analizadas e valoradas polo xurado especializado e o domingo 8 ás 17.00 horas farase a entrega de premios.











