Últimos días para inscribirse na segunda edición da andaina solidaria en familia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Este venres 30 de maio finaliza o prazo de inscrición para participar na segunda edición da ‘Andaina Solidaria en Familia’, organizada polos departamentos de Educación Familiar e Deportes do Concello de Verín, xunto con UNICEF España, co obxecto de recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer.

As inscricións pódense realizar no departamento de Educación Familiar en horario de mañá (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal, 11 bis, no correo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou teléfono 988-414776) ou no Escola de Familia (antigo Lavadoiro, teléfono 988-411468) e Pavillón Municipal de Deportes de Verín durante a tarde (correo electrónico pavillon@verin.net ou teléfono 988-411140).

A ‘II Andaina Solidaria en Familia’ terá lugar este sábado 31 de maio. A saída está prevista ás 17.30 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín en dirección a Tintores, onde rematará e terán lugar os xogos cooperativos para os/as participantes e os/as nenos/as tamén contarán con inchables. A mesma está pensada para toda a familia -non hai límite de idade para a súa participación e os/as menores poden realizar esta andaina en carrito-.

A retirada de dorsal será o propio día da andaina, ás 17 horas -os/as participantes tamén recibirán avituallamento-, no Pavillón de Deportes. O custe do dorsal é de 1 euro para os adultos e de 0,50 para os/as nenos/as. Todo o recollido estará destinado, de modo íntegro, para a campaña de mobilización escolar en apoio ao programa de supervivencia infantil que UNICEF desenvolven en Níxer denominado ‘Gotas para Níxer’. Devandito programa ten coma obxectivos principais promover o acceso a auga potable e a un saneamento axeitado do 60% da poboación, erradicar a poliomielite e eliminar as tétanos maternas e neonatais, elevar ata un 40% o número de partos atendidos por persoal cualificado e reducir o índice de desnutrición crónica infantil por debaixo do 25%. Na primeira edición desta iniciativa solidaria, que uniu Verín coa Fonte do Sapo, participaron un total de 304 persoas.

26 de maio de 2014 | 20:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.