Últimas plazas para a visita a Betanzos organizada polo Concello da Guarda
Inda quedan 15 prazas libres para participar na visita guiada a Betanzos que organiza o Concello da Guarda. Lembrarvos que as prazas cubriranse por orde de inscrición, e aquelas persoas que estean inscritas xa poden efectuar o pago.
É a primeira visita cultural do ano, e para comenzar farase unha ruta polos xardíns e o interior de O Pazo de Mariñán. Trala visita da mañá, continuarase ata Betanzos, para que ás 15 horas se leve a cabo unha visita guiada polo casco histórico, coñecendo a Praza do Irmáns García Naveira, Porta da Vila, Praza da Constitución, igrexa e varios pazos.
A segunda parte da visita centrarase no Parque Pasatempo, concebido por un indiano como parque enciclopédico de finais do século XIX. O parque sorprende ó visitante nos seus 90.000 m2 con xardíns, estatuas, fontes, monumentos, edificios, etc. O remate da ruta terá lugar no Mirador Chinesco, excelente mirador do parque e da cidade de Betanzos.











