Últimas entradas á venda para o monólogo de Manuel Manquiña na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O cómico Manuel Manquiña pechará este venres (22.00 horas, Casa da Cultura) o II Festival do Humor da Laracha co seu monólogo titulado El indignado, que promete non deixar indiferente a ninguén.

O polifacético artista vigués chegará á Laracha despois de triunfar co seu espectáculo por toda España e mesmo en Sudamérica.

As últimas entradas están á venda no Concello da Laracha e pódense adquirir en horario de mañá ao prezo de cinco euros.

28 de maio de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.