Tres prescriptores noruegos visitan o D.O. Rías Baixas para coñecer a calidade dos seus viños

Visita dos prescriptores á D.O. Rías Baixas
Tres prescriptores noruegos, dous xornalistas e unha catadora, visitan estes días a D.O. Rías Baixas para coñecer os seus viños atlánticos, así como a súa peculiar viticultura e enoloxía. Como non podía ser doutra maneira, a visita comezou esta mañá cunha cata de 25 marcas, pertencentes a adegas exportadoras da denominación, algunhas con importador en Noruega e outras no Pazo de Mugartegui. Seguidamente estes prescritpores, que están acompañados por Kristin Loyning, responsable do sector agroalimentario oficina económica e comercial da Embaixada de España en Oslo, visitarán seis adegas repartidas nas subzonas do Salnés e O Rosal. Os tres profesionais noruegos xa coñeceron os viños da D.O. Rías Baixas no seu país:“É un viño branco que está a pegar bastante nese mercado” explica Kristin Loyning, para quen a cata foi moi interesante, “porque dos vinte e cinco viños que degustaron só coñecían oito marcas, as dezasete restantes probáronas aquí por primeira vez, así que lles achegou moito esta actividade na que, ademais, os viños mostraron unha gran calidade” afirma a responsable agroalimentaria da Oficina Económica e Comecial en Oslo.
Coñecer os procesos de elaboración e a viticultura tan particular da D.O. Rías Baixas a través da visita de diferentes adegas centrará a xornada desta misión inversa, cuxos integrantes están gratamente sorprendidos por:“o esmero e o control dos procesos de elaboración tanto por parte das adegas como dos viticultores, que confiren a estes viños unha alta calidade” añade Kristin Loyning, quen tamén destaca que chama a súa atención que é un sector pequeno.
O mercado noruegués exportou un total de 89.170 litros en 2013, o que supuxo un 6,9 % de crecemento respecto ao ano anterior, litros que se traduciron en 563.921 € o ano pasado. De aí a importancia dese mercado para os viños de Rías Baixas.
Prescriptores
Marius Odland, editor da revista “Vin & Brennevin”. Trátase dunha publicación dedicada exclusivamente ao viño e aos licores, que conta con catro números anuais, coincidindo coas distintas estacións do ano. Ademais é propietario dunha empresa de publicidade, tamén colabora como co-editor e relacións públicas nun grupo de comunicación e é autor dun libro sobre cultura e gastronomía local de distintas zonas de Francia, Italia e España, incluíndo as adegas e os viños máis representativos de cada unha desas zonas.
Cathinca Dege, directora da escola de sommeliers “Norsk Vinfagskole”, única escola oficial en Noruega para o estudo de todas as materias relacionadas co viño, a cervexa e as bebidas espirituosas. Tamén escribe reportaxes e artigos sobre viño para as revistas “Maison Mat og Vin” e “Bulletin” e imparte cursos e participa nas conferencias e seminarios organizados pola Asociación de Clubs de Viño noruegueses.
Heidi Jaksland Kvernmo, xornalista freelance de viños, escribe de forma permanente no diario “Sør-Trøndelag”, tamén publicou en varias ocasións na revista “Vinforum” e , actualmente, escribe en “Appetite”.Heidi Jaksland Kvernmo leva traballando no sector do viño desde 1995. Como escritora de viños, viaxa con frecuencia aos principais países produtores de viño de todo o mundo e escribe respecto diso.











