Tres judokas do Judo Club Cambre pelexarán polo Campionato de España en Madrid

Judokas do Judo Club Cambre
O Judo Club Cambre leva a Madrid a tres judokas que pelexarán polo Campionato de España deste fin de semana en Madrid. Os cambreses, Brais Boutureira, na categoría cadete de 90 quilos; Adrian Uzal, na categoría cadete de 50 quilos; e Martín Uzal, na categoría infantil de 40 quilos, loitarán contra os mellores judokas españois os días 9, 10 e 11 en Leganés.
Hoxe foron recibidos no Concello de Cambre polo alcalde, Manuel Rivas, e polo concelleiro de Deportes, Fernando Caride, que desexaron sorte de cara á competición de Leganés. Rivas destaca o esforzo formativo do club cambrés que leva anos cultivando éxitos para o municipio. “Espero que poida recibirvos á vosa volta coas medallas, pero si non as alcanzades seguiremos orgulloso de vós porque competir á vosa idade a tan alto nivel é digno de eloxio”, sentenciou Rivas.











