publicidade hoxe

Tres edís de Vila de Cruces visitan o Punto Limpo da Guarda para interesarse pola súa xestión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaVila de Cruces
A-
A+
Visita dos edís cruceños ao Punto Limpo da Guarda

Visita dos edís cruceños ao Punto Limpo da Guarda

Acompañados polo Concelleiro de Servizos da Guarda, os Concelleiros de Asuntos Sociais, Servizos e Facenda de Vila de Cruces, visitan A Guarda para recadar información da boa xestión do Punto Limpo da Guarda e da Selectiva.

O Punto Limpo da Guarda está considerado como un dos mellores xestionados de Galicia, pola súa eficiencia e sostenibilidade, fruto da colaboración cidadá e das campañas de concienciación. Así pois, o ano pasado se fixeron varias visitas de alumnos dos colexios e O IES. Ademais, colocáronse 40 contenedores de pilas e 8 de aceite doméstico nas rúas, que son recollidas por persoal do Concello.

O Concelleiro da Guarda explicoulles o cadro de xestión de Residuos do ano 2013, indicando que se reciclaron máis de 40 kg de electrodomésticos e material electrónico, 800m3 de madeira, ademais de plásticos, cartón, poliespan, pilas, envases fitosanitarios, plásticos de invernadoiro, lámparas, etc.

O Concello da Guarda está na dirección do marco da directiva Europea cara os obxectivos da reciclaxe 20-20-20 para 2020, reciclándose actualmente o 40% dos residuos que se xeneran. Tamén se abordaron temas no cambios da xestión de residuos da lei 22/2011 de 28 de xullo e solo contaminado.

 

5 de maio de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.