Trend On Me e Proxecto Fx gañan a edición ourensá de StartUp Pirates

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

A capacidade do proxecto e do equipo e un sector de tanto percorrido como a moda foron argumentos para que o xurado do programa de aceleración de ideas de negocio StartUp Pirates decantouse por Trend On Me como iniciativa gañadora.

Unha deseñadora de moda, unha licenciada en administración e dirección de empresas, un informático e unha enxeñeira industrial, esta última fundadora do proxecto e gañadora tamén da convocatoria de Talentum, déronlle forma a esta plataforma na que conflúen desde o pequeno e mediano comercio, os usuarios, deseñadores, bloggers e todo aquel que estea interesado no mundo da moda. Unha rede social de moda onde os usuarios poden desde comentar e consultar tendencias até comprar en calquera punto.

E como gañador no ámbito da innovación social, o proxecto FX, de educación a través da robótica, para potenciar o talento infantil e xuvenil. Os membros do equipo fórmano unha profesora con experiencia con nenos de altas capacidades e un enxeñeiro electrónico e formador e desarrollador de proxectos tecnolóxicos.

10 de maio de 2014 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.