Trasladan en ambulancia a dous varóns tras colisionar as súas motocicletas en Vigo
Dous motoristas resultaron feridos na tarde deste xoves ao colisionar coas súas motocicletas cando circulaban pola rúa Coruña, en Vigo, tras o que tiveron que ser trasladados a centros médicos en ambulancias.
O accidente aconteceu sobre as 16.20 horas deste xoves, cando unha das motocicletas, que circulaba por rúa Coruña en dirección a Praza América colisionou cunha segunda moto que se incorporaba á mesma rúa dende o vial que conecta cos xulgados.
Tal e como trasladou Protección Civil, os dous implicados no accidente son dous varóns de 28 e 37 anos, que foron trasladados por dúas ambulancias ata os hospitais Xeral e Nosa señora de Fátima.
Ata o lugar trasladáronse tamén efectivos de Protección Civil, que cortaron o tráfico nun dos catro carrís, un furgón de Atestados da Policía Local, unha grúa e un equipo de limpeza do concello, que botou serraduras na calzada onde unha das motos perdera aceite.