Teresa Rabal chega a Lugo con ‘Veo, veo. El musical’
Pasar unha tarde feliz cos teus fillos, netos… quizais sexa unha boa elección da túa familia -proponcho Teresa Rabal- con cancións dunha vida no seu novo espectáculo infantil-familiar, que estará o 30 de maio ás 19 hs., no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Teresa Rabal, cantando e xogando cos éxitos musicais que compoñen a banda sonora de todos os nenos de 40 anos e que traspasaron aos seus fillos. Actúan con ela: magos, paiasos, ballet de bonecos…
Os bonecos xigantes de peluche, que bailan, sorprenden aos nenos, pero aos maiores achégannos a outros tempos onde a esperanza era real e Teresa Rabal lánzase a unha cadea de actuacións en España para alegrar coa súa enerxía a nenos e a toda a familia española.
Teresa asegura que “eu quero seguir repartindo luz e emociónanme os nenos, o noso público, os nosos fillos, a nosa familia, os nosos amigos, os nosos veciños, os nosos paisanos… a nosa xente… e por iso canto…”