publicidade hoxe

Teo recibe a visita dos Bolechas e o Sabichón na Ramallosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTeo
A-
A+

O Concello de Teo recibe o 6 de xuño a familia Bolechas que vén disposta a participar no concurso O Sabichón. E para eso agardan a complicidade dos nenos e nenas teenses. Esta actividade indicada para un público familiar será o venres 6 de xuño ás 18:30 horas no CSC da Ramallosa. O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo.

Os Bolechas e o Sabichón forma parte do programa FalaRedes, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, que pretende dinamizar o uso do galego entre os máis novos. Teo pertence á Rede de Dinamización Lingüísticas (RDL) da Xunta, requisito para participar desta programación cultural.

Segundo indican dende a organización do espectáculo Os Bolechas e o Sabichón fará as delicidas dos cativos e cativas de 4 a 8 anos ao simular un concurso que enfronta os irmáns Braulio e Pili, que como líderes de senllos equipos teñen que superar unha serie de preguntas e probas moi divertidas. Pero para vencer precisarán de axuda, polo que solicitarán a participación do público, convertendo a xente miúda en parte activa e protagonista do espectáculo dinamizador.

Mediante esta estratexia poténciase a identificación dos asistentes coa actividade dos Bolechas, todo un referente positivo estreitamente asociado ao galego ao falar sempre na nosa lingua, tanto nos libros coma nos programas de televisión ou nos espectáculos coma este. Neste teatro-concurso, os bonecos preséntanse en forma de monicreques manipulados por actores á vista.

26 de maio de 2014 | 20:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.