publicidade hoxe

Teo lembra a Díaz Castro cunha velada literaria e musical

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

Concello de Teo celebra as Letras Galegas homenaxeando mañá a figura de Xosé María Díaz Castro cunha velada literaria e musical na que participarán numerosas asociacións culturais teenses. O acto terá lugar no CSC da Ramallosa dende as 19:00 horas e o acceso é libre e gratuíto.

Na velada intervirán a Banda de música da SR de Calo, os asistentes ó obradoiro municipal de guitarra, o grupo de pandereteiras e gaiteiros da AC A Pontevella, o grupo de teatro do IES de Cacheiras, a coral polifónica da AC A Mámoa, as pandereteiras da AC Rosalía de Castro e a AC A Rexionalista. O acto pecharase coa proxección do documental “O instante eterno”, de X.A. Cascudo, sobre a figura do autor de Nimbos.

16 de maio de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.