Tecla Cadilla acada a medalla de ouro na Copa de Europa Junior de Judo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Tecla Cadilla

Tecla Cadilla

Este pasado fin de semana celebrouse en A Coruña a Copa de Europa júnior, competición na que participou a judoka guardesa del club de JUDO DO-MAJO na categoria de -57 kg .

Tecla realizou un campionato impresionante superando aos seus cinco opoñentes. No primeiro combate enfrentouse á turca HASRET CIN, e tras unha loita moi disputada conseguiu resolver con dos yukos (5 ptos). O segundo presentouse máis difícil, xa que competía coa 5ª do ránking mundial Bekky Livesey, pero aos vinte segundos Tecla vence por máxima puntuación IPPON (10ptos). No terceiro enfróntase á israelita Adi Grosman, combate que tamén resolve por IPPON , colocándose en semifinais, onde mide as súas forzas coa judoka portuguesa Doina Babcenco, á que vence por ippon. Chega así á final ante a turca LLayda Seiyes, á que vence por máxima puntuación.

Agora mismo Tecla atópase primeira do ránking nacional júnior, segunda do ranking nacional sénior, e á espera de confirmación de estar entre as dez primeiras do ranking mundial.

A traxectoria de Tecla é tan prometedora que este mismo fin de semana foi convocada pola selección española sénior, sendo aún júnior,  para participar na European Cup sénior que se levará a cabo en Madrid.

27 de maio de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.