Tarefas de limpeza na avenida das Corbaceiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, realiza esta semana un zafarrancho de limpeza na avenida das Corbaceiras (dende a Ponte da Barca ao Gremio de Mareantes, na súa marxe esquerda. A limpeza realizarase na madrugada do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores. A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

20 de maio de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.