Tarefas de limpeza na avenida das Corbaceiras e no Gremio de Mareantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana co zafarrancho de limpeza na avenida das Corbaceiras e na praza do Gremio de Mareantes, dende este punto até a Ponte da Barca, en ambas marxes. A limpeza realizarase na madrugada do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores. A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas

27 de maio de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.