Suspéndense ata a fin de semana as labores de busca do pescador desaparecido na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os labores de busca do pescador tudense que desapareceu o pasado xoves, engulido por unha onda cando se atopaba co seu sobriño nunha zona rochosa do litoral entre A Guarda e O Rosal (Pontevedra), quedaron suspendidas e retomaranse a fin de semana en superficie, segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo.

Así, os mergulladores do Grupo de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Guardia Civil deron por finalizadas as actividades de inmersión. Os efectivos de Salvamento Marítimo para a busca en superficie volverán despregarse na fin de semana, cando se cumpra o noveno día da desaparición.

Enrique G.A. desapareceu a primeira hora da tarde do pasado xoves, xunto co seu sobriño, co que estaba a pescar nunha zona coñecida como Punta Bazar.

O cadáver do sobriño foi atopado o domingo por mergulladores do GEAS, atrapado nunha cova submarina preto do punto onde se produciu a desaparición.

28 de maio de 2014 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.