Susana Rodríguez Gacio faise co World Paratriahlon Event de Bensaçon

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

A paratriatlela viguesa Susana Rodríguez Gacio, patrocinada polo Hospital Povisa, gañou onte a medalla de ouro no World Paratriathlon Event celebrado en Bensaçon (Francia). Rodríguez Gacio quedou por diante das holandesas Joleen Hakker e Odette Van Deudekom.

A nova vitoria da paratriatleta viguesa confirma o seu bo momento e consolida a súa carreira cara ao mundial de paratriatlón que se celebrará este verán en Edmonton (Canadá).

Susana é albina, unha condición xenética hereditaria que afecta en España a 1 de cada 17.000 persoas, e que reduce a súa capacidade visual a menos dun 10% en relación a unha persoa sen problemas oftalmolóxicos. A pesar destas dificultades, é fisioterapeuta e estuda 5º de Mediciña. No seu palmarés deportivo destaca, entre outras, a medalla de prata no Campionato do Mundo de Paratriatlón celebrado o pasado ano en Londres e a medalla de bronce no Campionato de Europa. Foi campioa do mundo de paraduatlón en dúas ocasións (2011 e 2012).

O seu seguinte reto será o Campionato de Europa de Paraduatlón, que se celebrará o próximo fin de semana en Pontevedra.

26 de maio de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.