Sober informa do inicio da campaña de vacinación canina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober vén de publicar un bando no que se dá conta do inicio o próximo venres día 23 da Campaña de vacinación da rabia, identificación e desparasitación canina no termo municipal.

A campaña é voluntaria, pero recórdaselle aos propietarios de cans que, segundo o Decreto 90/2002 publicado no DOG nº 63 o 2/4/2002, dende o ano 2002 é obrigatorio ter os animais identificados con microchip sen excepcións de ningún tipo.

Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008 (DOG nº92 do 14/5/08 ), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans na comunidade autónoma de Galicia. Este pasaporte está vinculado exclusivamente aos cans identificados legalmente con microchip.

A vacinación farase casa por casa, xa que está prohibida a concentración de cans. Todos os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido 689 10 35 94 o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o venres 23 de maio en horario de mañá.

O calendario da campaña será:

-Venres 23 de Maio: CANAVAL, VILAESCURA

-Luns 26 de Maio: ROSENDE, MILLÁN

-Martes 27 de Maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN

-Mércores 28 de Maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.

-Xoves 29 de Maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE

-Venres 30 de Maio: BARANTES, SANTIORXO

-Luns 2 de Xuño: PINOL, LOBIOS

-Martes 3 de Xuño: AMANDI, DOADE

-Mércores 4 de Xuño: BULSO, STA.CRUZ BROSMOS

-Xoves 5 de Xuño: NEIRAS, GUNDIVÓS

Aqueles propietarios de cans que xa estean vacinando os seus animais co veterinario do recorrido – e polo tanto se atopen incluídos no rexistro informático deste-, non necesitan chamar, posto que os seus cans xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.

Os prezos son:

-Vacina Rabia+tratamento antiparasitario antihidatídico: 15€

-Implantación Microchip+ Pasaporte oficial asociado(‘cartilla’): 33€

-Outras Vacinas ou Trámites: Preguntar ó veterinario.

21 de maio de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.