Só quedan dous fins de semana para que finalice o VII Concurso deTapas de Fene
Desde o Concello de Fene infórmase que só quedan dous fins de semana para saborear as 23 tapas correspondentes aos correspondentes a senllos establecementos hostaleiros que participan no VII Concurso de Tapas do Concello de Fene.
Este certame a xulgar polos datos de participación do tres primeiras semanas volverá bater novos records de participación xa que algúns dos establecementos levan máis de 1.000 visitantes.
Lémbrase que hai premio para a mellor tapa creativa e a mellor tradicional elixida por un grupo de cinco expertos, ademais tamén os clientes poden escoller a que lles parece a mellor tapa en ambas as categorías.
Entre quen saboreen as tapas e enchan un cartón de participación sortéanse varios lotes de produtos e un ano nun ximnasio e os que consigan selar todo o “feneruta” acreditando o seu pase polos 23 locais sortéase unha viaxe para dúas persoas de 5 días a Roma, Londres ou París, estancias en spas, rutas de viños entre outros
O concurso conta un día cada fin de semana con animación musical itinerante
O nome dos locais gañadores e dos agraciados dos sorteos saberase o venres 13 de xuño nunha gala que se celebrará na Casa da Cultura aberta ao público.