Sesión de investidura infantil no salón de plenos do Concello de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Pleno infantil en Ferrol

Pleno infantil en Ferrol

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, guiou esta mañá ao alumando de 4º de Primaria do Colexio Cristo Rey na celebración dunha sesión de investidura da Corporación Municipal Infantil da cidade. Os estudantes coñeceron as dependencias do Pazo Municipal e ocuparon as bancadas dos Salón de Plenos, onde tomaron posesión das súas actas como concelleiros infantís e desenvolveron un debate plenario.

Esta actividade enmárcase no programa de visitas que dende principio deste mandato realizan os centros educativos da cidade á Casa Consistorial; e que despois teñen continuidade nas aulas con traballos específicos. Nesta ocasión, o alumnado do colexio Cristo Rey experimentaron como se realiza e o protocolo que ten unha sesión de investidura e a celebración da sesión dun Pleno. Cada estudante se levou de recordo unha medalla que reproduce a que se entrega aos concelleiros electos cando toman posesión, máis o libro infantil titulado “Vaia tropa!” de Antón Corizas con ilustracións de María Reyes.

19 de maio de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.