publicidade hoxe

Roger de Flor e Os Silvestres presentarán o seu disco “Hai un lugar no norte” en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

Roger de Flor e Os Silvestres aterrizan en Neda para pre-sentar a veciños e visitantes o seu último traballo discográfico “Hai un lugar no norte”. Disco que, amáis das súas novas creacións, inclúe cancións de Roger de Flor, Serxio Galego e Cabe García, así como algunhas adaptacións ao galego de artistas como The Pogues, The Kinks ou Donovan. Estas pezas e outros clásicos do seu repertorio confor-man os seus apaixoantes directos. Este venres, 23 de maio, o público ten a oportuni-dade de disfrutar dun deles na Casa da Cultura de Neda, a partires das 20,30 horas. O concerto, con entrada gratuíta, inclúese no Programa Camiño 2014 do AGADIC, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Esta banda nace no ano 2009 co fin de acompañar ao compositor fenés Roger de Flor con motivo da súa xira de presentación do documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”. Nembargantes, co paso do tempo, vai adquirindo identidade propia grazas á retranca especial do Marqués das Vinhas e o seu charango, a mestría coas escobillas do gran Sergei, a bonhomía humana e instrumental do Sr. Cabezón “Cabe”, a “naturalidade silvestre” de Roger de Flor e a súa recente e flamante nova adquisición, o contrabaixista Óscar Painceiras; ademáis de colaboracións estelares puntuais como Magín Blanco, O Neno Elliot ou María “Faltriqueira”.

No 2013 sacan o seu primeiro longa duración “Roger de Flor e Os Silvestres: Hai un lugar no norte”, presentado en xuño deste mesmo ano no Torrente Ballester (Ferrol) para comezar a continuación unha xira por toda a xeografía galega. Unha xira que este venres leva á banda a facer un alto en Neda. Ademáis, acaban de sacar un novo video-clip para promocionar o seu inminente traballo, despóis do exitoso “Non penso volver ver a tv”. Esta vez titúlase “Hai un lugar no norte” e foi gravado na liña ferroviaria do cantábrico pola produtora “Producciones mutantes”.

22 de maio de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.