Rogelio Martinez participa no 170 aniversario da Fundación da Garda Civil

Rogelio Martínez no 170 aniversario da fundación da Garda Civil
A comandancia da Garda Civil de Ourense, en Santa Mariña, acolleu esta mediodía un emotivo acto que serviu para conmemorar o 170 aniversario da fundación do corpo, nacido en 1844. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou no evento que contou coa presenza de numerosos representantes políticos e sociais da provincia.











