Rogelio Martínez participa na clausura do obradoiro de emprego “O Ribeiro Verde” na mancomunidade do Ribeiro
O obradoiro de emprego “Ribeiro Verde” ofreceu formación e un posto de traballo a un total de 20 persoas desempregadas achegados dos cinco concellos que integran a Mancomunidade do Ribeiro: Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se beneficiaron outras 6 persoas da zona que formaron parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. A Consellería de Traballo e Benestar financiou esta iniciativa cunha achega de 178.000 euros.
Así o destacou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, durante o acto de clausura e entrega de diplomas aos alumnos que participaron neste curso no que recibiron formación especializada, que levaron á práctica executando diversas actuación nos ámbitos de axuda no fogar e xardinería. Martínez amosouse esperanzado que deu a preparación e habilidades adquiridas nesta iniciativa contribúan a “incrementar moi significativamente a empregabilidade dos alumnos”.
Na visita estivo acompañado polo presidente da Mancomunidade do Ribeiro e alcalde de Leiro, Francisco Fernández, doutros alcaldes desta entidade supramunicipal, e polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas.