publicidade hoxe

Rogelio Martínez clausura o obradoiro de emprego “Alta Limia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSandiásSarreausTrasmiras
A-
A+
Rogelio Martínez na clausura do obradoiro "Alta Limia"

Rogelio Martínez na clausura do obradoiro “Alta Limia”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego “Alta Limia” posto en marcha o pasado mes de outubro e no que participaron 20 desempregados como alumnos de xardinería e actuación forestal, procedentes dos concellos de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás.

Durante os seis meses que durou este programa mixto de formación e emprego os alumnos rehabilitaron diversas zonas axardinadas, ademais de actuar en áreas recreativas, camiños e nalgúns montes. Nesta iniciativa o departamento que dirixe Beatriz Mato invistiu preto de 178.000 euros.

9 de maio de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.