publicidade hoxe

Rocío Llovo interésase ante educación polo futuro das escolas unitarias do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Consellería de Educación aínda non adoptou decisión algunha de cara ao vindeiro curso escolar respecto ás cinco escolas unitarias existentes en Vilagarcía. Esta información foi facilitada polo xefe Territorial da Consellería á concelleira de Educación, Rocío Llovo, que esta mesma mañá se dirixiu ao responsable autonómico tal como se comprometeu ante o Pleno na sesión celebrada onte e na que se aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG na que solicitaban realizar con carácter de urxencia xestións para coñecer os plans da Xunta respecto aos centros vilagarciás e manifestar a oposición do Pleno a calquera peche de unitarias.

Llovo trasladou esta mesma mañá aos voceiros da oposición o resultado da conversa que mantivo con César Pérez para interesarse polo futuro das escolas unitarias. O Xefe Territorial explicou que os criterios que segue a Xunta de Galicia para o mantemento destes centros educativos característicos das zonas rurais baséase no número de alumnos, un dato do que a Consellería aínda carece posto que aínda se están avaliando as matrículas rexistradas na provincia.

A concelleira asegurou que manterá contacto permanente do responsable de Educación para coñecer os datos de escolarización e para o próximo curso e os plans da Xunta para as escolas unitarias Vilar, O Pedroso, Aralde, Guillán e Solobeira en base a esas cifras.

27 de maio de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.